FROTA DE ÚLTIMA XERACIÓN

os nosos autocares dispoñen de todas as comodidades

AIRE ACONDICIONADO

CARGADOR USB

TV DIXITAL

MÚSICA

Benvid@s á nosa web!

Profesionais con experiencia ó seu servizo

Historia de Autocares Bustelo

IMG-INDEX-EMPRESA

Autocares Bustelo é unha empresa adicada o transporte de viaxeiros por estrada ubicada no polígono industrial de Pazos en Padrón, provincia de A Coruña.

Empezando a súa andadura con unha frota de tres autocares no ano 1996 e coa experiencia profesional no transporte de viaxeiros adquirida nos seus máis de trinta anos, consolidou a sua presencia no sector grazas o bo facer nos seus servizos e a confianza depositada na empresa por parte dos seus clientes.

Na actualidade dispón dunha moderna frota de autocares en constante renovación e cos derradeiros adiantos en seguridade e confort, capaces de satisfacer as necesidades e esixencias de todo tipo de usuarios, sendo sinais de identidade firmemente arraigados na empresa a seriedade e a responsabilidade na realización de todos os servizos.

Ver máis
RESUMEN DOS
NOSOS SERVIZOS
  • Transporte por estrada
  • Transporte escolar
  • Aluguer de autocares con condutor
  • Liñas regulares
  • Organización de viaxes
  • Servizo nacional e internacional

 

Gran experiencia no sector

Dispoñemos de máis de 30 anos de experiencia no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Amplia frota de última xeración

En Autocares Bustelo poñemos á súa disposición unha moderna frota de autocares con todos os servizos que precisa.

Ofrecémoslle un servizo integral

Ofrecémoslle un servizo integral adaptado as súas necesidades. Solicite máis información dos nosos servizos sen compromiso.

 

Principal obxectivo: a calidade

A nosa empresa foi certificada pola auditora Bureau Veritas garantizándolle a calidade dos nosos servizos.