CALIDADE

POLÍTICA DE CALIDADE, MEDIO AMBIENTE E SEGURIDADE VIAL

IMG-CALIDAD

Dende fai varios anos, en AUTOCARES BUSTELO, S.L. somos conscientes de que os cambios que xera o noso entorno repercuten de maneira directa nas nosas actividades e por iso a organización encóntrase nun proceso de adaptación continua poñéndose como reto satisfacer en todo momento as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese.

Estes novos retos impulsáronnos a modificar a forma de traballar cos nosos clientes, persoal da nosa empresa e proveedores, a unha dinámica de traballo máis eficiente, colaborativa e sobre todo sostible.

Cremos que a nosa responsabilidade é a de ser unha compañía acorde aos novos tempos, máis innovadora, con unha maior capacidade de adaptación ás necesidades actuáis e futuras, e co firme propósito de realizar un excelente servizo, eficientemente e co menor impacto posible no Medio Ambiente.

AUTOCARES BUSTELO, S.L., no seu afán de mellora continua, buscando asegurar a calidade dos seus servizos e dos seus procesos internos, realizou nos últimos anos un importante esforzo en estandarizar e homologar o seu Sistema Integrado de Xestión, o cal foi certificado segundo as esixencias das normas:

  • ISO 9001:2015 (Sistema de Xestión da Calidade).  É a norma sobre xestión da calidade con maior recoñecemento en todo o mundo. Pertence a familia ISO 9000 de normas de sistemas de xestión da calidade (xunto coa ISO 9004), e axuda as organizacións a cumprir coas expectativas e necesidades dos seus clientes, entre outros beneficios.
  • ISO 14001:2015 (Xestión Medioambiental).  É unha norma internacional na que se describe cómo poñer en marcha un sistema de xestión ambiental eficaz dentro da organización. Foi deseñada para empresas que non queren deixar de lado as responsabilidades e impactos ambientais. Permítenos definir e establecer os riscos ambientais para reducir o seu impacto, axudando o crecemento sostible da empresa.
  • UNE-EN 13816 (Transporte Público de Pasaxeiros).  Esta norma proporciona directrices co fin de asumir compromisos de calidade na prestación dos servizos, e satisfacer as expectativas dos nosos clientes e usuarios. Estos compromisos englóbanse en oito ámbitos: tempo, confort, información, accesibilidade, seguridade, servizo ofertado, atención ao cliente e impacto ambiental.
  • UNE-ISO 39001:2012 (Sistemas de Xestión da Seguridade Vial). É unha norma de aplicación para organizacións que interactúan co sistema vial, é unha ferramenta que permite axudar as empresas a reducir, e en última instancia eliminar, a incidencia e risco das mortes e feridas graves derivadas dos accidentes de tráfico. Este enfoque pode permitir un uso máis efectivo do sistema vial dende o punto de vista dos resultados desexados.

 

Sistema de Xestión integrado da

Calidade.
(UNE-EN-ISO 9001:2015)

Sistema de Xestión integrado da

Calidade no Transporte.
(UNE-EN 13816:2002)



 

 

Sistema de Xestión integrado de

Medio Ambiente.
(UNE-EN-ISO 14001:2015)

Sistema de Xestión integrado de

Seguridade Vial.
(UNE-ISO 39001:2012)