EMPRESA

QUENES SOMOS

Autocares Bustelo é unha empresa adicada o transporte de viaxeiros por estrada ubicada no polígono industrial de Pazos en Padrón, provincia de A Coruña.

Empezando a súa andadura con unha frota de tres autocares no ano 1996 e coa experiencia profesional no transporte de viaxeiros adquirida nos seus máis de trinta anos, consolidou a sua presencia no sector grazas o bo facer nos seus servizos e a confianza depositada na empresa por parte dos seus clientes. Na actualidade dispón dunha moderna frota de autocares en constante renovación e cos derradeiros adiantos en seguridade e confort, capaces de satisfacer as necesidades e esixencias de todo tipo de usuarios.

Son marcas de identidade firmemente arraigadas na empresa a seriedade e a responsabilidade na realización dos seus servizos, que xunto con un mantemento e coidado riguroso dos seus vehículos e a sua continua formación do personal, sendo estos profesionais responsables que co seu bo facer e esforzo contribuen con dedicación na obtención da mellor das experiencias, convertíronse en soportes fundamentais para conseguir un alto grao de satisfacción entre os seus clientes.

Unindo a ilusión que mantén dende o primeiro día xunto coa experiencia adquirida en toda a súa traxectoria empresarial, dende Autocares Bustelo síguese buscando unha constante mellora para facer chegar a cada cliente o seu destino coa tranquilidade e a comodidade que ofrecen dende sempre.

 

IMG-EMPRESA